domingo, 29 de diciembre de 2013

FELICITAMOS O NADAL


Aínda que cun pouquiño de retraso chega a nosa particular felicitación de nadal. Queremos deixarvos unha adaptación da canción VOLVER A CASA POR NADAL do Xabarín interpretada polos alumnos e alumnas de 3º E. Esperamos que vos guste e que o vindeiro  2014 chegue cargadiño de ilusións, soños e ledicias.




FELIZ ANINOVO!!!

lunes, 16 de diciembre de 2013

PROXECTO EN MARCHA... PROGRAMAMOS???

  
É importante para todos os nenos aprender a escribir? Despois de todo,…son poucos os nenos que medran e se converten en xornalistas, novelistas ou escritores profesionais. Por que debemos aprender a escribir, daquela?

A xente escribe ao longo de toda a súa vida e faino para enviar mensaxes, para felicitar, para facer listas da compra, para solicitar unha axuda,…O acto de escribir permite organizar, filtrar e reflexionar sobre as ideas propias. Está claro que hai razóns moi poderosas para aprender a escribir.
Aprender a programar é unha extensión da escritura. A capacidade de “codificar” permite “escribir” novos tipos de cousas: historias interactivas, xogos, animacións e simulacións. E do mesmo xeito que na escritura tradicional, hai fortes razóns para que o alumnado desde os 8 anos aprenda a “codificar”.

Cada época require  e precisa novas e diferentes habilidades. Ao longo do tempo, en lugares diferentes ensinamos aos nosos fillos diferentes áreas, oficios, etc. Na sociedade na que vivimos, o mundo,  está en continua transformación e moitas das cousas que antes facíamos con lápis e papel, podemos agora facelo a través das novas tecnoloxías.

“Realmente non é moi diferente de tocar un instrumento ou aprender un deporte”.

Drew Houston
creador de Dropbox


Pero...que é o que facemos cando programamos?

A programación estimula a lóxica e supón unha iniciación á resolución de problemas. O alumnado aprenderá como dividir os problemas en pequenos obxectivos concretos e asequibles e terá que imaxinar a secuencia de procesos que se requiren para unha tarefa e globalizar a situación. É importante que saiban imaxinar como solucionar un problema, pero o máis importante e que saiban convertir esa “idea” en algo concreto, é dicir, nun código que funciona.


Nunha sociedade dixital e tecnolóxica, o dominio de áreas como a programación convértese en compoñente fundamental do proceso de aprendizaxe, xa que é unha habilidade que pode afectar a todas as áreas do coñecemento.

Hai que usar a tecnoloxía: ipad, ordenador para resolver problemas, o que os anglosaxóns chaman ”computational thinking”. Porque o debate é : Somos creadores dixitais ou consumidores de contidos?

Este é verdadeiramente o obxectivo que nós nos propoñemos con este proxecto: SER CREADORES DIXITAIS e para iso imos empregar unha app que xa nos ten "enganchados": HOPSCOTCH
     
 






E agora queredes ver algún dos nosos proxectos. Se tes IPAD ábreos na app e ... esperamos que che gusten!!! 

Estas son as primeiras figuras xeométricas, Ao principio custounos un pouco iso de mover, xirar, mover, escalar, ... pero agora xa estamos polo bo camiño. Estanos resultando moi proveitoso para matemáticas pois estamos aprendendo os ángulos, os polígonos,  as coordenadas,... e moito máis case sen darnos conta.
Estas que ves son as figuras xeométricas de Uxía Vecino. Quedaronlle xenial!! A que si?



Queres ver algún dos bloques que empregou Uxía para conseguir estas figuras? Mira, mira...


E agora se tes IPAD podes premer na imaxe e poderás descargar o proxecto. 



Pero como estamos no tempo de nadal, Teo adícanos unha postal de felicitación. Foi un pouco difícil  ao principio, pero...ao final pagou a pena. Foi todo un descubrimento o teclado EMOJI. Encantounos. 


E agora PREME na imaxe inferior se queres abrir o proxecto no IPAD

 POSTAL DE NADAL. TEO


Pouco a pouco iremosche amosando máis creacións nosas. Polo de agora desexámosche un BO NADAL e FELIZ ANINOVO!!!




miércoles, 11 de diciembre de 2013

ESTAMOS DE NORABOA!!!

Ola a tod@s!

Comprácenos comunicarvos que o CEIP Ponte dos Brozos obtivo a terceira mención honorífica polo traballo "Creando Realidade Aumentada" nos premios convocados pola fundación GSD Innova. É unha grande recompensa a todo o noso traballo!

Parabéns para todos os mestres participantes no proxecto e a Xabi (técnico informático) e, sobre todo, norabóa rapaces, sodes xeniais!

Disfrutade do vídeo da gravación.




Este traballo xa foi seleccionado por educaBarrié, a canle educativa da FUNDACIÓN BARRIÉ,  na convocatoria pasada  e podes acceder a toda a información sobre él  picando na nosa PONTE.


http://www.educabarrie.org/proyectos/creando-realidad-estudio-de-las-posibilidades-didacticas-de-la-realidad-aumentada-proyecto

PREPARAMOS O NADAL 2013

ESTAMOS EN NADAL!!!.... BEN!!!


Esta é a unidade didáctica sobre o APALPADOR que elaborou o noso EDLG. Bótalle un ollo, hai moita información e actividades interesantes. 







Tamén che ofrecemos outros recursos para festexar esta época do ano tan entrañable.

MÚSICA DE NADAL E PANXOLIÑAS

CANTOS DE REIS, PANXOLIÑAS,...
CONTOS E CANTOS DE NADAL
CONTOS PARA LER EN NADAL
CONTOS DE NADAL 
VIDEOS DE NADAL
VIDEOS DISNEY,... NADAL
VIDEOS ANUNCIOS NADAL

HISTORIAS DO NADAL


HISTORIAS DO NADAL, RECEITAS
HISTORIA DO NADAL II

 XOGOS E ACTIVIDADES

XOGOS DE LECTOESCRITURA DO NADAL
WEB DE NORBERTO CON MOITOS RECURSOS

MANDALAS COLOREAR

PINTEREST MANDALAS
PINTEREST 2 MANDALAS
MANDALAS 1
MANDALAS DE NADAL

DEBUXOS PARA COLOREAR 

DEBUXOS PARA COLOREAR I
DEBUXOS PARA COLOREAR II
MÁIS DEBUXOS PARA COLOREAR
NADAL CON BOB ESPONXA

XOGOS

CREBACABEZAS

TARXETAS, POSTAIS DE NADAL

ENVIAR UNHA POSTAL DE NADAL
POSTAIS DE NADAL

RECOMPILACIÓNS DE NADAL


RECOMPILACIÓN NADAL
RECOMPILACIÓN DA WEB DE NORBERTO
RECOMPILACIÓN DE DALLE UN COLIÑO
NADAL INTERCULTURAL: RECURSOS
RECOMPILACIÓN DE GUÍA INFANTIL
PROFES. NET: RECURSOS POR CICLOS
RECURSOS SOBRE O NADAL: PRIMEIRA ESCOLA



BLOGS E PÁXINAS CON RECURSOS SOBRE O NADAL

2.DIARIO DE CLASEZHENDA
3.BONITOOH: TARXETAS DE NADAL  PARA PERSONALIZAR 
4. PÁXINA DA CGENDL
 

PICASAS CON RECURSOS PARA O NADAL


GOOGLE *  TERESA LLORCA
PICASA PILAR
PICASA KEL...ZACA
PICASA JANNY
PICASA TACIA
PICASA WEB
PICASA MANUALIDADES
PICASA VANESA INFANTIL- NADAL

Se queres pasar un nadal entre panxoliñas podes botar un ollo á seguinte recompilación das máis fermosas panxoliñas, cantos de reises, xaneiras, etc.


Se o que che gusta é a boa cociña tamén podes pasar un bo anaco con estas receitas  recollidas polo alumnado e profesorado  do CEIP BERGANTIÑOS en Carballo

lunes, 9 de diciembre de 2013

RESOLUCIÓN DE A CIENCIA QUE CONTA

Resolución do xurado da  CIENCIA QUE CONTA ,  un dos premios é para a alumna CANDELA 

RAMOS REY DE 3ºA co relato " A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA".


Parabén, Felicitacións e Noraboa para o bo traballo de Candela Ramos.

sábado, 7 de diciembre de 2013

3 RELATOS DE TERCEIRO SELECCIONADOS PARA A FINAL DO CONCURSO A CIENCIA QUE CONTA!!!

Pois si! Parabéns a Candela de 3*A, a Carla  e a Natalia de 3*E. Os seus relatos pasaron á final. Agora debemos esperar ata  luns ou martes para descubrir aos 5 gañadores de primaria! Esta moi complicado porque os relatos desta edición son moi bos. 

Moita sorte! 

Deixovos a relación de finalistas 



BLOG A CIENCIA QUE CONTA.