martes, 29 de abril de 2014

Portal das Palabras

QUEIXO

Esta semana estivemos traballando nos Ipads coa palabra "QUEIXO".

Primeiro miramos a acepción no PORTAL DAS PALABRAS. Isto é o que dicía...

QUEIXO: Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida

Exemplo:
De sobremesa tomou queixo con marmelo.





A tarefa era crear un poema diamante coa app NOTEGRAPHY e logo editar as imaxes e crear un video ou un ebook con todos os slides.

A edición e gravación de son levámola a cabo coa app 30 HANDS e o resultado podes velo no seguinte video. 



domingo, 27 de abril de 2014

FEIRA MATEMÁTICA

Onte presentamos na FEIRA MATEMÁTICA, organizada por AGAPEMA (PALEXCO de A Coruña), o noso proxecto de PROGRAMACIÓN coa app HOPSCOTCH para IPADS. Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria ensinaron aos visitantes o que facían nas clases co Ipad e retáronos con diferentes probas de distinto grao de dificultade.
Foi unha longa xornada pero pagou a pena. E se non o credes mirade para as caras do noso alumnado...










martes, 8 de abril de 2014

HOMENAXE A JUAN RAMÓN JIMÉNEZ

Agora que estamos a celebrar o centenario da publicación de "Platero y yo" do gran escritor Juan Ramón Jiménez, as nenas e nenos de 3º E queremoslle facer unha pequena homenaxe. Para iso imos facer unhas adaptacións da brillante descripción de PLATERO coa que comeza o libro. Imos empregar aos personaxes de HOPSCOTCH como mascotas. A ver que tal nos sae...

AINARA xa se atreveu. Esta é a súa descrición de OSO

Oso e eu


Oso é grande, peludo e moi suave.  É marrón coma os meus ollos e o meu pelo. É moi  brandiño como se non  tivese ósos.

Cando quere comer, avisa, e eu soltoo, e roza o nariz contra as
colmeas de abellas que ocupan case toda a horta da avoa. Xoga coas  flores que son violetas e amarelas cando anda solto polos prados cheos de verdes cobertores de floriñas silvestres.

Come mel,  e non come outra cousa.  Claro, é un oso.
Cando vou á vila, el  ven conmigo á feira, e asústase moito dos tendeiros que berran anunciando as súas mercadorías.

 Gústanlle as apertas, e os mimos.

O meu amigo Oso é así.

Ainara Uzal Rioboo

sábado, 5 de abril de 2014

PRESENTACIÓN "UN ARTISTA EN LA ESCUELA"

Este venres tivemos a oportunidade de presentar a experiencia piloto que estamos a levar a cabo xunto coa Fundación Barrié- educaBarrié- en Santiago de Compostela no encontro Galician Conections.
Esta é a presentación que levamos. Nela explícase a experiencia do curso pasado: Música en vivo e...poesía.


viernes, 4 de abril de 2014

Un artista en la escuela. O conflito dramático no universo

Hoxe tivemos a gran sorte de contar con Estibaliz Veiga, unha grande actriz galega que grazas á experiencia na que participamos organizada pola Fundación Barrié, a través de educaBarrié, veu ao colexio a explicarnos como son as cousas aló polo sistema solar.

O título da experiencia é O CONFLITO DRAMÁTICO NO UNIVERSO e nela a través de xogos e diversas técnicas teatrais o alumnado traballou as emocións, o silencio no espazo e conceptos como a rotación e a translación.


Tivemos oportunidade de converternos en planetas, estrelas, satélites e contar  e demostrar como se sinten no universo. Isto fixémolo cunhas lanternas que proxectábamos contra o teito e mostrábamos aos demais como nos sentíamos (sendo cada un o que nos tocara: planeta, satélite, estrela,...)

Amais, interpretamos situacións reais para  exemplificar a rotación e a translación. Foi moi divertido ver como o "garda" da rotonda non podía con dous "coches" que se empeñaban en xirar e xirar arredor dela.

Despois fomos a unha sala de cine na que un "grande- forte- alto- enoooorme espectador" non deixaba ver ás persoas sentadas detrás.  Que incomodidade ter que botar de ali a esa persoa ou intentar que se movera!!!

Isto non foi todo. Logo convertímonos en Lúa e tivemos que facerlle unha declaración ás ondas do mar. Foi moi divertido.

Se queres podes ver este video no que che mostramos as imaxes máis destacadas da xornada. Mira para as nosas caras!! ENCANTOUNOS!!



jueves, 3 de abril de 2014

UN ARTISTA NA ESCOLA. MÚSICA EN VIVO E...POESÍA


Begoña Codesal Patiño
@Bcodesal
Educación Primaria
Tipoloxía textual: poesía




UN ARTISTA NA ESCOLA. 

Música en vivo e…poesía!
Resumo da experiencia levada a cabo no curso 2012-2013 no 2º ciclo de primaria do CEIP PONTE DOS BROZOS. Experiencia piloto patrocinada pola Fundación Barrié. EducaBarrié.




DESCRICIÓN

Xa nos tempos antigos, os gregos utilizaron esa unión máxica, creando as súas composicións musicais sobre a base de composicións escritas ou contadas de recoñecido prestixio. A un  esquema musical engadíanse diversas poesías  ou se alteraba o seu ritmo para crear novas composicións.
Esta sutil  unión  recoñece a importancia de traballar a poesía e a música desde a educación infantil para desenvolver o sentido do oído, o ritmo, a creatividade, a vocalización, a imaxinación e para  fomentar a socialización e o traballo en equipo.
Nós,  grazas a educaBarrié (canal educativo da Fundación Barrié), poidemos ter a un artista na escola para ensinarnos a compoñer poesías dun xeito moi orixinal. Esta é a nosa proposta.

OBXECTIVOS

  • Expresar sentimentos e emocións a través das poesías.
  • Diferenciar as características propias dunha poesía: versos, estrofas, rima.
  • Identificar e usar os símiles, as metáforas e simbolismos propios das poesías e as cancións.
  • Usar a pronunciación e entoación propias das poesías.
  • Ampliar o léxico e o vocabulario.

DESENVOLVEMENTO


Preparados…

Presentación do artista e demostración do concepto de "loop". O artista vai cantar unha canción (A saia da Carolina), mostrando unha versión diferente dunha canción popular coñecida por todos os alumnos, e que repetidamente usa a "técnica loop".
Loop:  é un  anglicismo, pode ser traducido como "bucle" en galego. É unha sección curta (entre 1 e 4 compases de lonxitude),  creada para repetirse. Estas sesións son gravadas ou reproducidas conectadas en secuencia, unha tras outra dando un sentido de continuidade.

Listos…


  •  Empezaría a soar a canción do artista  a través dun reprodutor. coñecemos ao artista, que canción é …? Como é? Que aspecto ten?
  •  Soa a mesma canción na aula. Non o vemos pero está aquí. Estaría detrás dunha cortina ou dun moble.
  • Xurde tocando a canción.
Escoitamos atentamente e fixámonos no artista. Contemplámolo en vivo e en directo. Ollamos  a súa expresión, as súas mans o seu corpo e todo este conxunto sitúanos nas emocións, non só transmitidas pola súa música, senón tamén pola súa persoa en conxunto.
_Cal é a súa intención ao cantar? E ao tocar o instrumento? Para que serven os loops?

  Acción…

Escollemos a emoción. Nunha sesión só nos dá tempo para traballar dúas emocións. Propoñemos unha lista de emocións: o amor, a rabia, o medo, a serenidade, o desprezo, a compaixón, o heroísmo, noxo, sorpresa, ou calquera outra. Que sensación queremos comunicar?, a quen a diriximos?, para que o facemos….? Chegamos a un acordo de grupo.

 Neste caso, sae o rabia, por exemplo.  Preguntamos:

_Que pensas cando digo "rabia"?

_Por exemplo: neno, fútbol, enfado, inimigo, loita, anoxo, choro, raios,  vermello, chinchar, perrencha, rabiar ...

Imos anotando as palabras e combinándoas con outras para formar versos.

Podemos  crear varios grupos que van construíndo un pareado usando as palabras pactadas.

Cada grupo prepara unha rima e en grupo  créase unha composición.

Léese soa  e sen intención.

Recítase con intención e emoción.

O artista pon música ao poema e entre todos o cantamos.  Acompañámonos  con instrumentos naturais (co propio corpo)ou obxectos do aula que poidan servir para levar o ritmo.

PARA REMATAR

Se queres ver como nos quedaron as poesías da IRA ou da LEDICIA non tes máis que entrar nos seguintes documentos. Agardamos que che gusten!!! A nós encantounos a experiencia de educaBarrié e estamos desexando volver a repetila neste curso.






miércoles, 2 de abril de 2014

UN ARTISTA NA ESCOLA. CONSTRUÍMOS POESÍAS


                   
educaBarrié

Este pasado luns, grazas a un proxecto de educaBarrié: UN ARTISTA NA ESCOLA,  tivemos a oportunidade de contar con Gonzalo, un músico que veu para axudarnos a compoñer poesías.

Gonzalo trouxo a súa guitarra eléctrica, un amplificador  e un pedal LOOP co que poidemos gravar sons, retrousos, etc que despois engadiamos á nosa composición.
Traballamos con dúas emocións na aula. Na nosa de 4º D tocounos o MEDO e o AMOR.

Aqui podes ver o que opinan os protagonistas da experiencia e tamén algunhas fotos da xornada. Esperamos ter en breve o video dos momentos máis importantes.




Un artista na escola

Ola chámome Aldara. O outro día veu un compositor. Foi xenial!!!  A todos gustounos moito.
Fixemos 2 poesías. Unha de medo e a outra de amor.
O artista fixo moi ben o traballo das poesías,
Cantamos..........Molou moito!!!
Aldara 4º D

Un artista na escola

Gonzalo ensinounos un pedal loop que grava moitos sons
e cantaba e tocaba cancións.  Nós queríamos que se quedara.
Compuxemos dúas poesías que logo el puxo a música e as cantamos entre todos. Unha era de amor e a outra  de medo.
                                                                              
Iago 4º D

Un artista na escola
Construímos poesías

O luns pasado veu un artista chamado Gonzalo. Fixemos dúas poesías: unha de medo e outra de amor. Despois de facer as poesias  cantámolas. E  cun pedal que tiña Gonzalo que se chamaba loop gravamos sons para engadir ás poesías. Na de medo, gravamos berros e na de amor repetíamos o retrouso dúas veces.

Laura 4º D

Un artista na escola

Veu un artista a escola, cunha guitarra moi sonora.
O señor, chamábase Gonzalo, tiña moito estilo,
pero o mellor  era que cantaba e tocaba moi ben.

Ensinounos a toda a clase a construír poesías,
Gonzalo, tiña tamén un "LOOP"(que era un pedal moi interesante).
Lucía Veiga 4º D

Un artista na escola
Construímos Poesías

O luns 29de abril veu a miña clase un músico chamado Gonzalo.
Gonzalo veu  compoñer poesías cun pedal chamado loop.
Foi impresionante!!!
Marcos 4º D


UN ARTISTA NA ESCOLA
Contruímos poesías

Este luns veu un señor que se chamaba Gonzalo, e era un gran artista tocando e cantando. Explicounos moitas cousas coma a diferenza entrea guitarra e o baixo, e tamen nos ensinou unha gravacion na que parece que tocan moitas persoas pero só tocaba unha, e iso o fixo grazas a un pedal que grababa sons que se chamaba loop.
Maruxa 4º D
Un artista na escola
"Construimos poesías"

Gonzalo é un artista que veu á escola e axudounos  a construir poesías coa guitarra; trouxo unha guitarra, unha caixa de sons  e un pedal LOOP para repetir os sons na caixa unha e outra vez.

Construimos dúas poesías: unha de medo e outra de amor. Pois foi moi divertido!!! Na primeira poesía, de medo,  a  fixemos en parella e tivemos que inventar un pareado. Na   segunda foi en grupos de 5 e inventamos unha estrofa de 4 versos, que foi a de amor. Logo xuntamos as nosas creacións e saíu unha poesía. Gonzalo púxolle a música e ao final cantámolas todos.
Lucía Vidal 4º D


UN ARTISTA NA ESCOLA
CONSTRUIMOS POESÍAS

O pasado Luns 29 veu un artista chamado Gonzalo.
Gonzalo veu a escola a ensinarnos como facer unha poesía con música introducida na poesía.
Gustoume moito porque cantamos entre todos e outras veces ían algún compañeiros a cantar. Foi moi divertido.
Dharian 4º D

Un artista na escola
 "Construímos poesías"

Primeiro chegamos á clase e nos presentamos co artista .
Logo empezamos a falar dos aparellos que había e para que servían. Despois falamos do medo e construimos uns pareados en parella. Gonzalo cantou os nosos pareados e púxolles música. Nós tamén saímos a cantar. Logo falamos do amor. En grupos de 5 inventamos unha poesía de catro versos sobre o amor. Gravamos  co loop que é un pedal.
Na poesía do amor había palabras moi bonitas. O retrouso era:
 Oh Lucía,
eres pura harmonía
                                                                                                    
      Helena 4º D

UN ARTISTA NA ESCOLA
"Construímos poesías"

O pasado luns 29, veu un artista chamado Gonzalo ao noso colexio. Gonzalo é un artista que ten unha guitarra eléctrica que nos axudou a facer poesias. Traballamos con dúas emocións:o medo e o amor. A actividade consistiu en que Gonzalo, ao principio, coa axuda de Begoña, pedía palabras relacionadas co tema. A partir de ahí Gonzalo axudábanos a facer poesías co seu pedal chamado  LOOP

 María 4º D


UN  ARTISTA  NA ESCOLA 
   "Construimos poesias".

 O artista chamábase Gonzalo,
Veu a nosa clase  de 4.D
 Sabe facer poesías.
Fixemos una poesia de
medo e outra de amor.
Pasámolo xenial.
Noemí 4º D

Un  artista  na  escola

"Construímos  poesías"

O pasado  luns veu un artista á escola a segunda hora para ensinarnos un modo máis doado de  construír poesías que, desde  o meu  punto de vista, foi  moi divertido porque o facíamos todos xuntos e cada un daba a súa opinión.
Fixemos poesías con palabras relacionadas co medo e co  amor.
Paseino moi ben!!
Lucía Sánchez 4º D

UN ARTISTA NA ESCOLA

"Construimos poesías"

O pasado luns veu un artista chamado GONZALO.El  ensinounos a facer poesías e tamen tiña un pedal que gravaba a voz e repetiase por exemplo: Ti dis Lucía Lucía e despois non o tes que repetir mais,  o pedal xa cho grava.
Ademais vimos a diferenza entre o Baixo e a guitarra eléctrica.

Celtia 4º D



Agora mostrámosche outros traballos que fixemos para preparar a visita de Gonzalo. Neste caso as emocións escollidas foron a LEDICIA e a IRA.