jueves, 17 de diciembre de 2015

Hora do código en 3º de Primaria

Durante a semana pasada levamos a cabo a hora do código nas seis aulas de terceiro de primaria do centro. A idea era crear uns sinxelos videoxogos para ensinar os fundamentos da linguaxe de programación ao noso alumnado. Nunha hora de código non imos aprender a programar... pero sí podemos coller interés,  incentivar a curiosidade e volver a intentalo de novo. Na web ou nas propias apps coas que codificamos hai moitos materiais dispoñibles.  Nós, preparamos uns pequenos titoriais sobre tres xogos: Supervivencia, Obstáculos e Flappy Birds. Empregamos a app Hopscotch, unha app gratuita e dispoñible para iPad.
Deixamos unha mostra do traballo que fixemos. Esperamos que vos guste. 


  XOGO DE OBSTÁCULOS


 SUPERVIVENCIA- FLAPPY BIRDS

viernes, 4 de diciembre de 2015

Achégase a HORA DO CÓDIGO!


 A Hora do Código é un movemento global, que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países. Calquera persoa, en calquera lugar do mundo pode organizar unha Hora do Código. Titoriais, dunha hora de duración, están dispoñibles en máis de 30 idiomas. Non se necesita experiencia. Para idades entre 4 e 104 anos.
Hai rexistrados un total de 183.034 eventos da Hora do Código ao redor do mundo, e 1.588 en España.

Que é a Hora do Código?

A Hora do Código é unha introducción dunha hora de duración ás Ciencias da Computación, deseñada para mostrar que todo o mundo pode aprender a programar e así comprender os fundamentos básicos da disciplina.

Programar é a forma de darlle instrucciós precisas ao ordenador ou dispositivo móbil para que  poida resolver por nós un problema de maneira xeral. Aprender programación é como aprender un novo idioma, o idioma que falan os ordenadores, as tablets, os  móbiles,... o idioma do futuro.

Para qué sirve a Programación ?

Todas as aplicacións, videoxogos, e páxinas Web, entre moitas outras cousas, foron creadas usando a programación. Isto quere dicir que si aprendes a Programar, poderás crear as túas propias aplicacións e incluso o videoxogo que queiras. Pero non só iso, aprender programación axuda a mellorar as habilidades para resolver problemas, as habilidades lóxicas e sobre todo a creatividade.

Eventos da Hora do Código previstos para este ano


Despois de completar A Hora do Código, estarei listo para programar o meu videoxogo ou as miñas propias aplicacións?

Non exactamente. A Hora do Código está pensada como unha introducción para alguén que xusto se esté a iniciar no tema. Logo de completala saberás o básico que che servirá para seguir aprendendo. Hai infinidade de titoriais para seguir tando desde ordenador como desde tablets e móbiles. Algunhas das últimas incorporacións son o de Star Wars, construíndo unha Galaxia con código ou o de Minecraft (Pica nos nomes se queres ir a unha hora de código). Non necesitas rexistrarte e ao rematar poderás imprimir ou gardar un diploma que certifica que realizaches unha hora de código. 


Cando é a Hora do Código?

Calquera pode organizar "Unha Hora do Código" en calquera momento, pero o obxectivo fundamental desta campaña é que decenas de millóns de estudantes proben "A Hora do Código" do 7 ao 13 de decembro de 2015, pola celebración da Semana da Educación nas Ciencias da Computación.

Trátase dunha hora específica?

Non se trata dunha hora específica. Podemos celebrar A hora do código en calquera momento da semana. E se non se pode, podemos celebrala unha semana antes ou unha despois.

¿Por que Ciencias da computación?

Todos os estudiantes deben ter a oportunidade de aprender Ciencias da Computación. Axuda a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Introducir aos estudiantes de forma temperá nas ciencias da computación, lles permitirá dispoñer de coñecementos imprescindibles no s.XXI; fundamentais sexa cal sexa o seu futuro desenvolvemento profesional.

Quen está detrás da Hora de Programación?

A Hora do Código está organizada por CODE.ORG, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover a participación en escolas e institutos das Ciencias da Computación, cunha especial atención a incrementar o número de mulleres e estudiantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. Una coalición sen precedentes de socios se reunen para apoiar A Hora do Código, entre eles:   Microsoft, Apple, Amazon,...



No noso centro estamos xa preparados para celebrar a HORA DO CÓDIGO os días 9,10 e 11 de decembro. Empregaremos diferentes aplicacións e programas...