viernes, 3 de marzo de 2017

O Club de Código


Non queremos deixar pasar ocasión de mostrarvos os avances dos alumn@s e mentores do club de código no Ceip Ponte dos Brozos. Xa sabedes que a asistencia ao club é optativa, unha vez á semana, e poden ir todos os alumnos e alumnas do centro desde 4º ata 6º de Educación Primaria.


A diario acoden uns 20-25 alumnos e alumnas con ganas de aprender a linguaxe do Século XXI e de paso crear videoxogos, transformers, arte interactivo, pixel art,...

A continuación mostramos algúns traballos destas últimas semanas. O equipo de profesores do Club de Código está realmente moi satisfeito cos resultados. Parabéns polos traballos e a seguir sorprendéndonos cada día. Asimesmo, felicitamos aos mentores e alegrámonos que cada día sexan máis. Neste momento temos mentores en diferentes aulas de 4º, 5º e 6º de EP!!! XENIAL.

Para velos, preme nos enlaces e poderás visualizalos no navegador ou ábreos na aplicación Hopscotch, na cal foron creados. 

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós.






No hay comentarios:

Publicar un comentario