miércoles, 17 de mayo de 2017

As simulacións prehistóricas en Realidade virtual

Os xogos de simulación histórica esixen xogadores que dominen datos xeográficos, manexen con fluidez conceptos históricos e comprendan as relacións entre sistemas xeográficos, políticos, económicos e históricos.

 A creación destes ambientes inmersivos é unha gran oportunidade para que os alumnos e alumnas viaxen no tempo e coñezan como vivían naquela época. Doutra banda están utilizando de modo activo a tecnoloxía e si ademais lles indicamos que programen os distintos espazos para que sexan animados estaremos conseguindo un 2×1.

Para crear unha simulación prehistórica é necesario usar a técnica do modelado 3D. Grazas a diferentes bloques flexibles que existen na plataforma podemos conseguir unha palloza cun acabado moi realista. Despois será  preciso engadirlle interactividade, música de fondo, narración... 

Neste momento estamos neste punto asique esperamos pronto poder compartir algunha das simulacións creadas na clase.



A Recompensa final pode ser, ou non, a visualización coas lentes de RV. Aínda que para eles xa é un premio poder mergullarse na historia dun modo tan creativo.


Aqui tedes unha mostra dun poboado castrexo. Queredes unha visita ao pasado?


No hay comentarios:

Publicar un comentario