viernes, 17 de febrero de 2017

O Homiño de Papel

Esta é a historia de Homiño de Papel contada por Iria Molinelli e Carmela Lareo a través de CoSpaces.

Datos do Conto:

Título: O Homiño de Papel
Autor: Fernando Alonso
Editorial: Everest Galicia

Resumo: Unha nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un dia imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegria ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.

Se queres podes velo través dunhas lentes de Realidade Virtual, a través dun dispositivo móbil ou co teu navegador do ordenador.